Viaxe a Eibar co Celta

Viaxe a Eibar co Celta

Dende o Colectivo NÓS organizamos viaxe a Eibar para acompañar ao Celta no partido do próximo sábado 26 de setembro ás 22:00 horas. Montamos autobús en viaxe de ida e volta no mesmo día con saída na madrugada do sábado dende Balaídos e con regreso cando remate o partido. Chegaremos á Eibar ao mediodía para xantar e facer previa de confraternización coas peñas eibartzales.