O pasado sábado 19 de agosto o Colectivo NÓS principiamos a tempada 2017-2018 organizando un xantar para os nosos socios na previa do primeiro partido xogado en Balaídos, o Celta-Real Sociedad ás 18:15 horas.
A previa, o xantar e a sobremesa foron sen dúbida algunha o mellor da primeira xornada visto o resultado final do partido onde caimos derrotados por 2-3. Xa chegarán as victorias e os puntos. Sen presa nin medo.
Da comida tiramos unhas cantas fotos que dan testemuño do ben que o pasamos as 2 decenas de socios do Colectivo NÓS que nos xuntamos no Mesón Xebre primeiro, e no Novo Galia máis tarde para botar uns grolos Fragoso abaixo camiño de Balaídos. E rematado o partido aínda houbo algúns que tiveron corpo para botar uns bailes no festival Revenidas… heroes!
Quen faltara dos nosos a este xantar, que tome boa nota e se anote a vindeira previa, que non a de tardar moito. Seguro.