O pasado domingo 11 de marzo ás 16:15 horas o Celta estreou na sua visita a domicilio do Atlético de Madrid o novo estadio Metropolitano. Primeiro encontro na historia que os celestes xogan un partido neste recinto. Para a cita poucos celtistas se desprazaron como consecuencia do elevado prezo fixado polo Atlético para a grada visitante.
Aínda así algún celtista deixouse ver nas bancadas, e entre eles estivo un dos membros do Colectivo NÓS máis viaxeiros: Felipe de Meaño. Mágoa do resultado do encontro onde o equipo local traballou coma unha apisonadora cos nosos derrotándoos por 3-1.