Galiza-Senegal: pola oficialidade da nosa selección

Regresa polo Nadal o tradicional partido pola oficialidade da Selección Galega cando se cumpre o X aniversario do retorno da ‘Irmandiña’ aos campos de fútbol. Neste 2015 será o 26 de decembro contra Senegal nun partido organizado no vello estadio de Santa Isabel (Compostela). Será unha xornada para reivindicar a volta aos campos da nosa selección e a súa oficialidade.Galiza-Senegal, 26 de Nadal de 2015

A xornada ten programadas varias actividades, como unha manifestación nacional para reivindicar o regreso da ‘Irmandiña’ aos campos de fútbol como selección oficial, o propio partido Galiza-Senegal, e como peche un concerto na Sala Malatesta a cargo de Poetarras, Keltoi e Dakidarría.

Dende o Colectivo NÓS colaboramos con Siareir@s Galeg@s para recaudar os cartos necesarios para organizar esta xornada reivindicativa, e con ese fin deixáronse 3 rifas en varios establecementos de Vigo: Taberna A Pedra na rúa Cesteiros, Cervexería The Movie e Bar Noso Luar fronte o estadio de Balaídos. Sortearanse 3 packs de productos (bufandas, CDs, DVDs, bragas, camisolas, etc.) entre os números das rifas a 1,50 euros cada un.

rifa
Colabora e merca o teu número das nosas rifas!