Visita á illa de Tambo

O pasado domingo 13 de novembro o Colectivo NÓS organizamos unha actividade divulgativa similar á que xa fixeramos no ano 2017 cunha visita á illa de Cortegada na Ría da Arousa. Nesta ocasión no 2022 consistíu nunha visita guiada á descoñecida illa de Tambo situada na Ría de Pontevedra.

A visita na que participaron case medio centenar de socios e amigos do colectivo tivo unha partida en barco da Navieira Mar de Ons dende o porto de Combarro ás 10:30 horas e durou máis de 3 horas ata ás 14:00 horas que regresamos ao continente. Durante o transcurso da mesma fixemos un percorrido circular arredor da illa acompañados por un guía co que descubrimos dende as ruínas do lazareto edificado no século XIX, instalacións militares abandonadas a fináis do século XX, unha furna mariña aproveitando a baixamar, e coñecimos algunhas das lendas e historias deste remoto lugar.

 

Ao remate da visita parte dos asistentes nos desprazamos ata ás inmediacións do Mosteiro de Armenteira para xantar un cocido reservado no Bar Comercio namentres seguimos o partido de Copa que desputaba o Celta ás 16:00 horas contra o CD Algar que concluíu con vitoria celeste.