O vindeiro sábado 23 de outubro celebramos o VIII Aniversario do Colectivo NÓS cunhas cantas actividades organizadas para disfrute dos nosos socios/as:

  • Andaina ‘Roteiro dos Fuxidos’ polos montes de Coruxo e Oia guiada polo escritor Bernardo Vázquez Acuña con saída ás 16:30 horas e regreso no Parque forestal de San Miguel de Oia. Duración aproximada de 2,5 horas. O prezo desta actividade é gratuíto.
  • Cea nun reservado no Restaurante O Lagar en Comesaña, Vigo (ubicación) ás 21:00 horas. Menú: tortilla, empanada, churrasco ou pescada á prancha, sobremesa, viño a rego cheo, café e chupitos. Prezo de 12€ para socio/as (prezo subvencionado pola peña) e de 22€ para non socios/as.
  • Monólogo e espectáculo de imitacións a cargo de Juantxonito na hora dos dixestivos da cea contra a medianoite.

Tódolos interesados deberán anotarse contactando polas canles oficias habituais do Colectivo NÓS (correo 1923nos@gmail.com ou WhatsApp) antes do vindeiro 20 de outubro.