O 10 de maio celebrouse no Hotel Coia de Vigo a XVIII Convención de Peñas Celtistas cun bo ambiente festivo organizado pola Federación de Peñas do Celta, que aproveitou a xuntanza para recoñecer o traballo de varios colectivos de peñistas, e no que asistiron entre outros o capitán Borja Oubiña e o presidente celeste, Carlos Mouriño.
Varios socios do Colectivo NÓS acudiron á xuntanza e tamén aproveitaron a ocasión para intercambiar a nosa bufanda oficial coas peñas celtistas Arribada Celeste de Baiona e Siareiros Dezáos de Lalín.