Onte sábado 16 de novembro o Colectivo NÓS celebramos o noso VI Aniversario cunha pequeno serán para os nosos socios organizado no Restaurante As Cunchas de Vigo. Alí, dende ás 7 da tarde ata case a medianoite, xuntámonos case medio centenar de socios e celtistas que dimos boa conta dun par de barriles de cervexa acompañados duns petiscos amenizados por un pequeno grupo de socios do colectivo que se animaron a botarnos unhas pezas.

Vídeo cun breve resumo da celebracion do VI Aniversario