Hai 82 anos na véspera do día de Nadal foi asasinado polos fascistas o fuxido Manuel González Fresco (O Fresco) no alto do monte Galleiro onde unha partida de falanxistas á caza de guerrilleiros deixaron o seu corpo tirado durante 13 días despois de acribillalo a tiros.
A comezos do pasado mes de novembro unha cuadrilla de socios do Colectivo NÓS ascendeu o monte na procura do lugar do seu asasinato, sinalizado cun par de pracas hai varios anos polo colectivo antifascista de O Condado; para renderlle unha pequena homenaxe e lembranza.
Contra a volta do fascismo, nin tolerancia nin olvido!