O Colectivo NÓS estivo representado no encontro que disputou o Celta en Málaga o pasado domingo 29 de outubro. Dende a nosa terra e ata a cidade andaluza desprazáronse varios días de ferias e para acompañar ao Celta dous ilustres socios nosos e membros da activa ‘Sección Canido’: Xan e Vélez.
O resultado do encontro non premiou o esforzo dos nosos amigos xa que o Celta caería derrotado por 2-1 realizando un xogo no campo moi criticado nos seguintes días polo celtismo. Pero había que estar aló e animar os 90 minutos. E Xan e Vélez fixérono acompañados polo irlandés máis celtista e viaxeiro do planeta, o noso bo amigo Noel, que tamén cruzou media Europa para seguilo Celta como acostuma cando ten ocasión. Grandes rapaces, erades poucos pero os mellores. Moi orgullosos!