O pasado xoves 13 organizamos un xantar na previa do partido Celta-Genk da Europa League que rematamos gañando por 3-2. Algúns dos NOSos comezaron a previa tomando o vermute polas rúas do Casco Vello de Vigo dende as 12 do mediodía, pero todos citámonos para xantar ás 14:45 horas no Mesón O Viñadeiro nas inmediacións de Balaídos onde compartimos local e festa cos celtistas da ‘sección Mano Dura’ da peña Comando Celta.
A previa prolongouse toda a tarde ata ás 19:30 horas cando unímonos ao resto do celtismo para recibir ao autobús do Celta na explanada fronte a grada de Tribuna onde lles dimos o último alento antes do comezo do partido no vello Balaídos. Namentres chegábanos polas redes sociáis a foto do noso socio Jano que seguíu o partido dende a distancia en terras de Euskal Herría pero co corazón e a mente en Vigo.
Aquí vai unha escolma das imaxes que podemos amosar desta gran xornada: