O pasado venres 11 de novembro dende as 22:00 horas o Colectivo NÓS celebramos o noso III Aniversario cunha festa e concerto no local do casco vello de Vigo, O Trilobite Laranxa (rúa Teófilo Llorente 45) onde actuaron ACARACÁN (cantautor punk dende Marín) e RASCA & PICA (Gabi e Fiz dende Vigo).

Durante a festa na que asistiron un centenar de socios do colectivo e moitos celtistas e membros doutras peñas como Irmandiños, Tropas de Breogán ou Peña Natxo Insa, houbo varios sorteos de material entre os asistentes, como unha camisola asinada polos xogadores do Celta, varios packs de Cervexa Artesanal Nós, camisolas, bufandas, etc.

Dende o Colectivo NÓS queremos agradecer ao Celta, Cervexa Artesanal Nós e Cervexería The Movie por colaborar con parte dos agasallos que sorteamos durante a festa, ao local O Trilobite Laranxa por acollernos, e tamén a tódolos celtistas e membros doutras peñas que se achegaron para celebrar o noso aniversario. Gracias!