O Celta xogou o pasado domingo 26 de febreiro ás 18:30 horas contra o Sporting de Xixón no estadio do Molinón. Este ano o Colectivo NÓS non organizou viaxe con bus propio á cidade asturiana, pero unha gran representación nosa desprazouse pola sua conta ou nas viaxes organizadas por peñas amigas como Lechuzas Celestes ou Irmandiños.

O partido resolveuse cun empate logrado gracias a un gol de Iago Aspas que saltou á herba na segunda parte para rescatar alomenos un punto despóis de ir un gol abaixo durante moitos minutos. Nosos socios regresaron contentos pero cansos despóis dunhas intensas 24 horas en Xixón.