O pasado sábado 21 de maio o Colectivo NÓS organizamos unha nova ‘cea de fin de tempada’, no Furancho Cen Gaiteiros situado onda o campo de Barreiro en Vigo, para celebrar o remate da presente tempada do noso Celta que acadou a clasificación para a Europa League e que nos levará a percorrer os campos de Europa despóis do próximo verán.
Na cea e posterior foliada participaron 40 celtistas, socios do Colectivo NÓS, e tamén doutras peñas amigas (Porcos Celtas, Lechuzas Celestes, Carcamáns, Terra Celeste…) coas que compartimos bancada en Balaídos, viaxes e moitas actividades durante esta tempada.
O menú estivo composto de empanada, croquetas, pementos, tortilla, churrasco con criollos, chourizos, salada, sobremesa con postre e café, e viño e cervexa a fartar como bebida. Houbo sorteo de diferente material, pack de cervexas do noso colaborador Cervexa NÓS e tamén o reparto dun pequeno agasallo para cada asistente.
Para rematar houbo unha foliada con instrumentos tradicionáis da man de parte dos asistentes ata ben entrada a madrugada, e que deu pé a continuar logo a festa pola noite de Vigo nos bares do barrio de Churruca.