O pasado 10 de outubro o Celta disputou o liderato contra o Villarreal na cidade homónima de Castellón. O partido resolveu con vitoria do Celta por 1-2 grazas ao golazo de Orellana no minuto 41 e outro tanto no minuto 90 de Nolito tras aproveitar un rexeite dun tiro de Orellana. Con este resultado o Celta colocouse igualado a puntos co Madrid e o Barça.
E no Estadio da Cerámica en Villarreal houbo expedición celtista desprazada para alentar ao equipo. Entre as diferentes peñas con representación tamén houbo algún socio do Colectivo NÓS que deixou a sua pegada para a posteridade. Grande eses celtistas viaxeiros que comen quilómetros para acompañar ao equipo. Sempre co Celta!