O vindeiro venres 20 de maio ás 20:30 horas regresará a Selección Galega de forma oficial aos terreos de xogo para desputar un encontro amigable contra a selección de Venezuela no estadio herculino de Riazor. O prezo das entradas é de 10 a 15 euros e pódense mercar nas billeteiras de Riazor ou en calquera delegación da Federación Galega de Fútbol.
O Colectivo NÓS tamén estaremos presentes esa noite en Riazor para alentar á nosa ‘irmandiña’ e celebrar o seu regreso vetado durante moitos anos polas instancias políticas do país en máns do Partido Popular. Montaremos un autobús con saída dende Vigo ás 17:30 horas e regreso na medianoite cun prezo de 10 euros/persoa (entrada incluída).
Para reservar praza na viaxe, tódolos interesados deberán enviar un correo ao enderezo 1923NOS@gmail.com