Roteiro da Memoria: Lavadores, unha historia de loita e represión

Na véspera do Día da Galiza Mártir, o vindeiro sábado 16 de agosto, o Colectivo NÓS organiza a primeira actividade da tempada 2025-26. E non atopamos mellor forma para honrar a memoria das nosas represaliadas e represaliados que recuperando a historia dun dos focos de loita obreira e agrarista máis importantes da nosa comarca.

Convidámosvos ao noso “Roteiro da Memoria: Lavadores, unha historia de loita e represión”, unha viaxe ao pasado da man do historiador Isidro Román.

A ruta dará comezo ás 11:00h dende o emblemático Cruce dos Choróns.

Unha historia que non se debe esquecer

Antes da súa anexión forzosa a Vigo en 1941, Lavadores era un Concello independente, coñecido como a “pequena Rusia” polos represores fascistas. Foi cabeceira de innumerables protestas e un símbolo da loita proletaria que o réxime tentou apagar a través da represión. Pero Lavadores foi tamén o berce de clubs tan senlleiros como o Gran Peña ou o Turista.

Neste percorrido, o historiador Isidro Román guiarános polos lugares máis significativos do antigo municipio, axudándonos a recuperar unha parte fundamental da nosa memoria colectiva.

Xantar de confraternidade

Ao rematar o roteiro, sobre as 14:00h, achegarémonos a xantar ao Restaurante Tapería Eiraben, en Cabral (Avenida de Ramón Nieto, 364).

O prezo do xantar é de 22 euros por persoa e inclúe o seguinte menú:

  • Calamares
  • Polo crocante con dúas salsas
  • Tortillas variadas (diferentes sabores)
  • Tequeños
  • Croquetas
  • Ensalada especial Eiraben (leituga, rulo de cabra, marmelada de arandos, polo, tomate e noces)
  • Bebidas (refrescos, auga, viño e cervexas)
  • Sobremesa e café

Prezos, Inscrición e Prazos

Atención á seguinte información sobre os prezos e a inscrición:

  • Roteiro (Soci@s do Colectivo NÓS): De balde.
  • Roteiro (Non Soci@s): 3€ por persoa para a cobertura do seguro de Responsabilidade Civil.
  • Xantar: 22€ por persoa (prezo único para socios e non socios).

Para participar no roteiro ou no roteiro con xantar, é preciso cubrir o seguinte formulario de inscrición:

LIGAZÓN AO FORMULARIO DE INSCRICIÓN

⚠️ MOI IMPORTANTE – DATAS LÍMITE ⚠️

  • O prazo para anotarse ao xantar remata o martes 12 de agosto.
  • O prazo para anotarse só ao roteiro remata o venres 15 de agosto.

Animádevos a participar e a compartir un día de memoria e compañeirismo!

Vémonos o sábado 16!

Saúde e memoria! 💪🏻🩵

Leave a Comment

Comments

No comments yet. Why don’t you start the discussion?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.