Onte venres 29 o xornal Faro de Vigo convidounos a participar xunto con máis peñas e colectivos celtistas nunha sesión de fotos dentro do estadio de Balaídos para ilustrar a edición de hoxe sábado 30 na previa do importantísimo partido Celta-Villarreal na loita pola permanencia.
Unha decena de socios e socias do Colectivo NÓS se achegaron e participaron na sesión fotográfica durante 1 horas ataviados con camisolas e roupa do Celta xunto con bandeiras e bufandas do colectivo.