O Carreirón 10K trátase dunha carreira popular de 10.2 km aproximadamente celebrada o 3 de maio e que percorre a meirande parte da costa norte de A Illa de Arousa pasando por lugares de gran beleza paisaxística como o Cabodeiro, Xufre, O Campelo, O Faro de Punta Cabalo, Area da Secada, etc. e que naceu da iniciativa dun grupo de afeccionados ao deporte e veciños de A Illa que, xunto coa Fundación Deportiva, tentaron recuperar unha antiga carreira que se celebraba no municipio carcamán.
Nesta edición, limitada a só 300 corredores inscritos, participaron 3 socios do Colectivo NÓS que desfrutaron do percorrido xunto con outros participantes celtistas das Peñas Merlegos ou da Peña Carcamáns que se atoparon alí. A continuación amosamos algunhas fotos destes amigos celtistas que non deixaron de correr nin no Día da Nai… que os fixo!