O Colectivo NÓS estivo representado onte pola noite no estadio do Alcoraz, nas portas dos Pirineos en Huesca. Ata a cidade aragonesa viaxou a golpe de mércores Berto, un dos nosos socios máis veteranos, que se xuntou co resto do celtismo desprazado formado por case un centenar de membros doutras peñas irmás como Blau Cel, Merlegos Celestes, Irmandiños ou Zeru Urdín.
O resultado do partido? Un empate sufridísimo 3-3 ata o último minuto que a piques estivo de custarnos unha derrota.