O pasado sábado 20 de maio o Colectivo NÓS despedímola tempada cunha cea celebrada no Furancho da Balsa, na parroquía viguesa de Matamá, onde xuntámonos arredor da mesa varias ducias de socios e amigos. Algúns trouxeron instrumentos e botaron unhas pezas nun improvisado serán con outros compañeiros de furancho. Tamén houbo momento para facer un pequeno sorteo de varios agasallos entre tódolos asistentes.
Por outra banda, esa mesma noite celebrouse no hotel Coia a XX Convención de Peñas do Celta, que organiza anualmente a Federación de Peñas, onde o Colectivo NÓS estivo representado por 3 socios/as que compartiron cea con case un centenar de celtistas, directivos e xogadores do equipo.