Un dos capitáns do Celta nesta tempada elixidos polos xogadores o pasado verán, Sergio Álvarez (‘O Gato de Catoira’), enviou un agarimoso saúdo mediante un breve vídeo e felicitou ás festas a tódolos socios do Colectivo NÓS.
Este vídeo foi gravado aproveitando a entrega dunha bufanda de agasallo que lle realizaron dous membros do Grupo de Traballo como agradecemento pola súa participación no encontro virtual sobre a Selección Galega que organizamos o pasado 19 de novembro.