O Colectivo NÓS viaxamos ata Leganés o pasado sábado 28 de xaneiro para acompañar e alentar ao Celta no partido que xogaba ás 20:45 horas no estadio de Butarque. O noso autobús saíu de Balaídos arredor das 7 da mañá e chegamos á cidade madrileña ao mediodía despóis de facer varias paradas na Gudiña e Medina del Campo.
Para ás 14.30 horas tiñamos concertado un restaurante no centro histórico de Leganés onde organizamos un xantar con peñas celtistas amigas desprazadas tamén para seguir ao Celta. No xantar participaron aparte do Colectivo NÓS, as peñas Carcamáns, Merlegos Celestes, Lechuzas, Siareiros Dezaos, Porcos Celtas, Peña Celtista de Vilagarcía e Baixo Miño.
Despóis dunha longuísima previa durante toda a tarde, fixemos unha ruada a pé ata o estadio con bengalas e cánticos para ir quecendo o ambiente e as gorxas fronte ao xélido clima mesetario de Castela. A pesar dos cacheos e os xa típicos contróis da seguridade e Policía Nacional nos acesos e interior de estadio sobre os siareiros galegos, onde requisaron moitas bandeiras galegas, a afeción animamos sen descanso os 90 minutos e axudamos a que o equipo lograra a vitoria final por 2-0 sobre o Leganés.
O regreso á terra producíuse sen novidade, todos cansos pero contentos e durmindo no autobús, chegando á Vigo arredor das 9:00 horas do domingo.