O pasado venres 27 de xullo o Colectivo NÓS organizamos desprazamento ata a cidade lusa de Braga para asistir ao partido de pretempada que desputaría o Celta ás 20:30 horas locais no novo estadio municipal. A nosa expedición composta por máis de medio cento de celtistas uníuse nas rúas da capital minhota con outros centos de celtistas que viaxaron pola sua conta ou nos autobuses das peñas Baixo Miño e Tropas de Breogán.
A xornada transcurríu tranquila segundo o previsto con varias horas de lecer para percorrer as rúas do centro da cidade antes dun partido que remataría sen goles xogado nun estadio case baleiro de afección local e onde o celtismo fixémonos notar prestando apoio e alento ao Celta nesta pretempada.