Comunicado a todo o Celtismo: #RecibeAoCelta

O Celtismo nos últimos tempos pasou por estados de ánimo contrapostos, dende o sufrimento dunha longa travesía por 2ª división ou unha cruel derrota nunha eliminatoria polo ascenso, ata a euforia absoluta por unha salvación improbable, pasando pola tranquilidade dun equipo na metade da táboa.

Pero se ben os estados de ánimo cambiaban, puidemos presumir de que o que non cambiou nunca foi a unión entre o equipo e a afección, o apoio incondicional, especialmente nos peores momentos. Esta tempada comezámola ilusionados e ben orgullosos dos nosos. Agora tras os malos resultados toca demostrar que confiamos nos nosos. Toca volver a amosarlle ao equipo e a nós mesmos, a todo o mundo, que o Celta e a súa afección son un.

Por isto agora as peñas damos un paso adiante. Imos borrar da cabeza dos xogadores os problemas e os malos resultados. Imos sustituílos por alento e motivación para saír a gañar os dezaoito partidos que temos por diante.

Celtistas, convocámosvos a un recibimento/bengaleo ao equipo este Sábado 31 ás 20:00 na rúa Manuel de Castro.

#RecibieAoCelta
#RecibieAoCelta

#NuncaRendirse
#SempreCelta
#SempreAfoutezaECorazon