O xoves 11 de maio de 2017 será un día sinalado para sempre na historia do Celta. Un día marcado con sufrimento e moitas bágoas na memoria dos case 3.000 celtistas desprazados ata Manchester para animar sen parar en Old Trafford durante o partido de volta da semifinal da Europa League.
Berramos e alentamos sen parar os 90 minutos e máis aló do asubío final, instantes despóis dese segundo eterno que ficará apreixado para sempre na nosa memoria coa imaxe do balón nos pés de Guidettí diante da portería rival trazando o reflexo do gol que puído ser e non aconteceu, e que nos trasladaría á gloria dunha final europea.
Varias decenas de socios do Colectivo NÓS desprazáronse ata a metrópole británica para alentar ao equipo e desfrutar dunha xornada histórica. Estas foron algunhas das imaxes que compartiron connosco.