O pasado domingo 30 de outubro ás 20:45 do serán o Celta xogou no estadio insular de Gran Canaria contra a UD Las Palmas. Ata alí desprazáronse un pequeno grupo de socios do Colectivo NÓS, cada un pola sua conta, para aproveitar tamén o bo tempo cuns días de ferias.
Pero hai veces no que as cousas non sempre saen como é costume, e o tempo en Gran Canaria estivo esa fin de semana tan revolto e inestable como foi o desenrolo do partido desputado polo Celta, que rematou a primeira parte cunha goleada a favor de 3 tantos e logo finalizou cunha remontada e un sufrido empate do equipo local.