Hoxe domingo o Celta B non estivo só no estadio municipal de Villanueva de la Serena, onde por desgraza quedamos eliminados na fase de ascenso a Segunda División ante o Bilbao Athletic nun partido cunha arbitraxe moi lamentable. O celtismo estivo presente en Estremadura cunha ampla representación da man de peñas coma a nosa e tamén dos amigos de Afouteza, Siareiros, Irmandiños e Cigarrón Celeste. Mágoa do resultado!
Posted inGalería de imaxes Novas Portada Viaxes