Onte sábado 30 o celtismo e mais o equipo conxuramos unidos en Baláidos a nosa sorte por un vitoria que reconducira o camiño da permanencia na primeira división. E semella que o sortilexio celtista cun recibimento e bengaleo antes do partido surtíu efecto e o equipo remontou o marcador adverso da primeira parte do xogo acadando a vitoria final por 3-2. A de onte foi unha desas inesquecibles noites no vello estadio do Fragoso.
Varias decenas de soci@s do Colectivo NÓS colaboramos na organización do recibimento, con previa na Festa da Reconquista mediante, e unimos forzas co resto de peñas e colectivos baixo o lema de ‘A Nosa Reconquista’ lanzado dende o clube e a consigna de ‘Xuntos’ difundida pola Federación de Peñas Celtistas, convocante do recibimento ao bus do equipo na súa chegada ao estadio de Balaídos onde se congregaron milleiros de seareiros con varios centenares de bengalas mariñas e botes de fume que crearon un espectacular ambiente que lembraba ao das grandes citas copeiras e europeas.