O pasado sábado 13 de marzo, na previa, durante e despóis do partido Celta-Real Sociedad, amosamos cunha faixa a nosa disconformidade cos incidentes que acontecen nos últimos tempos no vello estadio de Balaídos causados polas forzas de seguridade aplicando aos siareiros do Celta as normas draconianas ditadas polo ultradereitísta Javier Tebas Medrano, presidente da LFP.
Nas inmediacións de Balaídos, no xardín onda a rotonda da Avenida de Fragoso coa Avenida de Balaídos, o Colectivo NÓS exhibimos unha faixa co seguinte lema: “Somos celtistas, non terroristas!“.