No mediodía do pasado domingo 13 de setembro o Colectivo NÓS organizamos o primeiro xantar e previa da tempada 2015-2016 aproveitando a disputa do partido Celta – UD Las Palmas no vello Balaídos ás 18:15 horas.
O mesón-taparía Sobran os Motivos, nas inmediacións do estadio, acolleu a 35 celtistas de bo dente. Con NÓS xantaron os amigos do Baixo Miño, e durante a comida tamén aproveitamos para facerlle entrega a un representante da Cervexa Artesanal Nós unhas imaxes enmarcadas da nosa equipa de fútbol como agasallo pola sua colaboración nas equipaxes.