O venres 29 o Celta disputaba a VII xornada de liga contra o Girona no estadio de Balaídos. O partido resolveuse cun empate 3-3 rebuñando só un punto despóis de 90 minutos vibrantes no que os celestes evidenciaron unha vez máis as suas carencias protexendo a meta e a falta de concentración e febleza defensiva.
Durante o minuto 17 do encontro, e previamente ás 20:00 horas na concentración convocada espontáneamente polas redes sociáis fronte a grada de Tribuna, o Colectivo NÓS xunto cos siareiros celtistas con máis compromiso amosamos a nosa solidariedade co pobo de Catalunya que 36 horas máis tarde tentaría exercer a sua liberdade e dereito ao voto fronte á maquinaria de represión do estado español.