A xornada vivida en Balaídos o pasado sábado 4 de maio lembrarase durante bastante tempo entre o imaxinario celtista. A vitoria 2-0 ante un Barça que non se xogaba nada, aderezada cun novo recibimento ao equipo na súa chegada ao estadio, servíu para impulsar ao Celta na súa carreira pola salvación matemática e permanencia en primeira división.
Unha representación do Colectivo NÓS comezaron a previa asistindo á convención de peñas celtistas organziada pola Federación de Peñas do Celta no Hotel Coia onde se xuntaron con delegacións doutras decenas de colectivos de toda Galiza e resto do estado español. No noso caso compartimos mesa e mantel coas peñas amigas de Siareiros Dezaos, Peña Natxo Insa e Zeru-Urdín nunha velada onde imperou o humor e o viño.
Máis tarde xa en Balaídos, decenas de soci@s do Colectivo NÓS participamos moi activamente no recibimento ao bus do equipo na súa chegada ao estadio onde unha vez máis o celtismo respondeu masivamente ao chamamento feito polas peñas para participar nunha marea de xente, fume celeste e lume. O sortilexio celtista funcionou unha vez máis e o Celta conqueríu a vitoria e o estadio sumíuse nunha festa co asubío final do colexiado.