As peñas celtistas representadas pola Federación de Peñas Celtistas, e da man do clube, lanzarán nos vindeiros días iniciativas para mobilizar ao celtismo para axudar ao equipo a revertir esta negativa xeira de resultados que estamos atravesando, e o primeiro paso será no partido contra o Sevilla.
O Celta lanzou unha promoción de entradas para este partido e dende a FDPC se convocará a todo o celtismo para facer un bufandeo co himno dentro do vello Balaídos dende ás 18:15 horas coma se fixo sempre nas grandes citas. Para o éxito desta última proposta, o vindeiro domingo apurade as cervexas da previa un anaquiño para entrar á bancada algo máis cedo que de costume, e levade tamén as vosas bandeiras do colectivo e da patria.