Novamente bandeiras e bufandas do Colectivo NÓS, de outras peñas celtistas ou con simboloxía galega foron vetadas nun campo de fútbol fora da terra, desta vez no estadio de Butarque antes do partido entre o Leganés e o Celta este pasado sábado 27 de abril.
Este lamentable feito denunciámolo a través das redes sociais onde amosamos os perigosísimos elementos requisados aos nosos socios desprazados por membros da seguridade do Leganés. A intermediación de persoal do Celta fixo posible que os nosos socios non foran multados como xa acontecera na viaxe realizada hai 2 anos.
O semanario Sermos Galiza púxose en contacto connosco e entrevistou a un dos nosos socios ao que lle requisaron a bandeira e mais a bufanda do Colectivo NÓS e publicou unha nova relatando o acontecido: enlace ao artigo.