A pasada fin de semana unha expedición do Colectivo NÓS desprazouse ata Euskadi para alentar ao Celta no partido contra o Athletic disputado na mañá do domingo no estadio de San Mamés. A viaxe estivo marcada polo agradable ambiente coa afeccion do Athletic Club a pesar dos acontecementos no terreo de xogo coa inaceptable arbitraxe e o resultado final do partido. O bo ambiente xerouse na grada onde se animou con forza durante moito tempo durante o partido e trasladouse logo aos bares despóis do partido.
A nosa expedición tivo encontros con boa xente de Sestao, amigos de Bilbo e arredores, e amigos forxados noutros desprazamentos, aproveitando o típico ‘poteo’ polo casco vello da cidade o sábado pola tarde con máis celtistas que viaxaron dende Galiza, nunha herriko taberna, ou o domingo despóis de xantar con outro ‘poteo’ na mítica rúa Licenciado Pozas que puxo o punto final da viaxe antes de voltar para casa.