O pasado sábado 14 de xuño, a familia do Colectivo NÓS xuntouse no Asador O Faneco, nunha contorna inmellorable como o Parque Forestal de Beade, para celebrar unha xornada chea de reencontros, debate e boa comida.
A mañá comezou coa nosa Asemblea Xeral, onde fixemos balance da tempada, revisando as actividades e as contas. Foi un momento importante para avaliar o camiño percorrido e coller pulo para os futuros proxectos do colectivo.
Tralo debate, a sesión vermú abriu o apetito para un espectacular xantar de fin de tempada. A parrillada, os petiscos e a boa compañía foron os protagonistas dunha sobremesa que se alongou entre risas e conversas.
E como broche de ouro, tivemos o pracer de gozar da música en directo de Pauliña, que puxo a banda sonora perfecta a unha tarde inesquecible.
Grazas a todos e todas por facelo posible! Para que poidades revivir os mellores momentos, ou para os que non puidestes vir, aquí vos deixamos a galería de imaxes deste gran día