O pasado sábado 14 de febreiro algúns socios do Colectivo NÓS se desprazaron ata Barcelona para seguir ao Celta no seu partido contra o Barça no Camp Nou. Unha representación nosa aproveitou a visita para realizar un intercambio de bufandas coa Peña Blau Cel na sua sede no Mesón Anduriña.
Algúns socios nosos viron o partido por televisión xa que o Barça aplicou un prezo desproporcionado (53 euros) na grada que ocupa a afección visitante no alto duns dos fondos do estadio sen cuberta e cunha rede de protección por diante que dificulta a visión do xogo.