O pasado 17 de decembro o Colectivo NÓS apresentamos a nosa primeira prenda oficial: un suadoiro celeste co noso enblema no peito e o noso nome e o escudo do Celta nas costas. Ata o 3 de xaneiro na Cervexería The Movie fronte ao estadio de Balaídos están dispoñibles 3 prendas de mostra con 3 tallas destes suadoiros para que tódolos interesados poidan probalos co fin de reservar o seu pedido coa talla máis axeitada.
O prezo do suadoiro é de 25 euros para socios do Colectivo NÓS e de 30 euros para os non socios, e o prazo de entrega do primeiro de pedido pechado de 25 unidades agardamos facelo nas primeiras semanas de xaneiro.
O suadoiro ten capucha bicolor de dobre tecido, con cordón contrastado axustable e peto estilo canguro. Punto canalé con elastano 1×1 en mangas e cintura. Composición do tecido: 65% poliéster/35% algodón, felpa perchada, 280 g/m2.