O pasado sábado 5 de decembro o Celta disputou a xornada 14 conta o Betis no estadio Benito Villamarín cun resultado de empate 1-1 nun partido moi trabado e xogando durante unha boa parte en inferioridade numérica. Aproveitando a ponte festiva foron moitos os celtistas que se desprazaron ata Sevilla para animar ao equipo.
Unha pequena expedición do Colectivo NÓS, que viaxou en coche e autobús, uníuse a outros moitos celtistas das peñas Almas Celestes do Sur, Esmorga Zeleste, Morriña Celeste, Comando Celta, Le-chuzas Celestes e da Peña Celtista de Mallorca.