Neste outono de 2019 o Colectivo NÓS recibiremos novo material para lucir e vestir animando ao noso Celta. En poucas semanas teremos a primeira remesa de novas camisolas cun deseño inspirado na revista Nós e que tamén empregamos na nosa colección de adhesivos.
Estas novas camisolas estarán dispoñibles en varias tallas e en dúas cores de tela: branca e gris antracita. O prezo das novas camisolas será de 7 euros para os soci@s do colectivo e de 10 euros para os non soci@s.