Xa todos coñecedes a nefasta resolución da sentencia do Caso Prestige onde case ninguén resultou condenado nin culpable dunha catástrofe que enterrou baixo o chapapote toda a costa galega.

O Colectivo NÓS, como colectivo celtista e galeguista comprometido coa nosa terra que pretendemos ser, convidamos a tódolos celtistas que acudan a presenciar o partido Celta-Almería do 30 de novembro, a levar bandeiras de Nunca Máis para amosalas na grada durante un berro de protesta contra a impunidade emanada de tan nefasta sentencia no minuto 10 do partido, secundando así unha iniciativa similar que se producirá case á mesma hora no derbi Deportivo-CD Lugo no estadio de Riazor.

Berra Nunca Máis

Berra Nunca Máis

Consideramos unha mensaxe moi clara de repulsa por esta sentencia, a composta de toda Galiza de norte a sur unida baixo o mesmo berro á mesma hora, para que desfeitas como a producida por causa do afundimento do Prestige non se produzan NUNCA MÁIS.