Este verán fíxose moi longo para todo o celtismo con case 2 meses de xaxún de fútbol e de Celta. Isto motivou que o retome da actividade e o inicio da pretempada fora collido con moitas gañas entre os nosos socios/as e que fixo que estiveran presentes en moitos partidos de preparación do Celta coma o desputado no campo de Baltar en Portonovo (Sanxenxo) ou no estadio de A Lomba en Vilagarcía de Arousa.
Tamén participamos este verán no torneo de fútbol-7 organizado no campo de Domaio (Moaña) polos amigos celtistas de Tropas de Breogán montando un equipo conxunto cos nosos compañeiros de bancada da Peña Natxo Insa. Non gañamos pero participamos e pasámolo moi ben nunha xornada moi solleira
E coma de costume nestas datas, moitos socios/as nosos participaron e deixáronse ver en festivais e actos como o celebrado pola memoria histórica na Illa de San Simón. E aínda houbo uns poucos que a nosa terra se lles quedaba pequena e marcharon a evanxelizar co celtismo por terras de Panamá na outra beira do oceáno Atlántico. O caso era non quedar na casa.