Unha vez máis o pasado sábado 18 de maio, e por última vez esta tempada, decenas de soci@s do Colectivo NÓS participamos activamente no último recibimento ao bus do Celta na súa chegada ao estadio de Balaídos onde unha vez máis o celtismo respondeu masivamente ao chamamento feito pola Federación de Peñas Celtistas para participar no sortilexio celeste que axudara a conquerir a vitoria ante o Rayo Vallecano e certificar a permanencia en Primeira División.