Este pasado domingo 12 de maio, máis de unha ducia de soci@s do Colectivo NÓS se desprazaron ata Bilbo en coches particulares e aproveitando os autobuses gratuítos ofertados polo clube para acompañar ao equipo no importante partido contra o Athletic para segurar a permanencia na primeira división.
Ao longo da fin de semana os nosos soci@s foron chegando a Euskadi e participaron nas quedadas celestes convocadas pola peña celtista de Bilbo, Zeru-Urdín, na noite do sábado e no mediodía do domingo, así como logo na ruada e despedida do equipo na saída do hotel de concentración.
A pesar do mal xogo e sensacións do equipo sobre a herba e da derrota por 4-1 final; o case milleiro de celtitas presentes no estadio de San Mamés non deixaron de animar. Parabéns e moito orgullo de tódolos desprazados.