Este pasado domingo 7 de abril vivimos unha xornada tremenda en Balaídos baixo unha intensa choiva que calou ata os osos a moitos celtistas. A vitoria 3-1 ante a Real Sociedad ben mereceu a pena e o esforzo doutro novo recibimento ao equipo na súa chegada ao estadio, servíu para impulsar ao Celta na súa carreira pola permanencia en primeira división. Un recibimento no que unha vez máis decenas de soci@s do Colectivo NÓS participamos moi activamente e respondimos ao chamamento feito pola Federación de Peñas do Celta para participar nunha marea de xente, fume celeste e lume.