No partido que o pasado 15 de febreiro desputou o Celta no estadio de Balaídos contra o Levante as peñas fixeron un chamamento pola unidade do celtismo baixo o lema ‘Nas boas e nas malas, Sempre Celta‘.
Días antes a maioría das peñas e colectivos celtistas representados pola Federación de Peñas Celtistas organizaron e encargaron a confección dunha pancarta de 25 metros co lema impreso para podela pendurar na grada de Río durante o partido do Celta contra o Levante e que quedará fixada ata o final da presente tempada.