Este pasado sábado 2 de febreiro ás 20:45 horas o Celta disputaba en Balaídos un importante partido contra o Sevilla que visitaba Vigo nun difícil momento para o equipo inmerso nunha xeira de malos resultados. Os nosos precisaban algo máis que puntuar para tentar revertir a situación. Precisaban dunha vitoria que alonxase os postos de descenso e finalmente esta chegaría grazas a un gol de Okay Yukuslu.
Na previa do partido o celtismo encomendouse á épica das grandes noites organizando un recibimento ao autobús do Celta na súa chegada aos aledaños do estadio. Dende ás 18:30 horas centenares de celtistas de case todas as peñas e colectivos foron xuntándose na rúa Olímpicos na esquina da grada de Gol con Tribuna ata que apareceu o autobús. Nese intre as voces e máns de todo o celtismo alí presente bateu con forza na carrocería do vehículo para darlle o impulso e alento preciso aos xogadores de cara ao partido que se produciría minutos máis tarde.
A vitoria final amosou unha vez máis que o ánimo do celtismo nos partidos decisivos na nosa casa (case) nunca faia.