O pasado sábado 23 de febreiro máis de 150 celtistas desprazáronse dende todas partes da península ata Gasteiz para animar ao Celta no partido que disputou contra o Deportivo Alavés no estadio de Mendizorrotza despois de participar nunha quedada convocada a mediodía polas rúas do casco vello da cidade e un posterior recibimento ao bus do equipo na chegada ao campo.
Entre a expedición celtista viaxaron máis de media ducia de socios do Colectivo NÓS nalgúns en coches particulares e tamén nas poucas viaxes organizadas coma a dos amigos celtistas da peña Merlegos Celestes de Compostela.