Despóis de moito tempo o Celta volveu a xogar en lúns no estadio de Balaídos co irracional horario das 21:00 horas disputando o pasado 29 de xaneiro a xornada 21 contra o Betis nun partido con moitos goles e vitoria celeste final por 3-2.
Dende o Colectivo NÓS aproveitamos a ocasión para amosar novamente durante o partido cunha faixa o noso rexeitamento contra os horarios impostos pola Liga rexida por Javier Tebas que perxudican á asistencia aos estadios dos afeccionados en xeral, e aos máis novos en particular, que pagan os seus abonos cada tempada e queren alentar ao seu equipo. Unha vez máis berramos, Tebas vaite xa!